Yoigo mellora e simplifica a súa oferta de tarifas móbiles

Yoigo, unha das marcas insignia do Grupo MásMóvil, actualizou hai uns días a súa oferta de plans para usuarias de só móbil, co obxectivo de mellorar as condicións que viña ofrecendo e, ao tempo, levar a cabo unha importante simplificación da oferta, xa que as tarifas pasan de seis a catro opcions.

As catro alternativas que se poden contratar agora en Yoigo son as seguintes:

  • Chamadas ilimitadas + 100 MB por 10 €/mes. Está pensada para usuarias que só queren un móbil para chamar, ou que puntualmente puideran recibir un WhatsApp, xa que a franquía de datos non permite moitos excesos (por exemplo, o envío e recepción de fotos estaría limitadísimo).
  • Chamadas ilimitadas + 20 GB por 15 €/mes. A primeira tarifa con datos encarécese un euro fronte á anterior, pero ao cambio pasa dos 3 aos 20 GB de datos.
  • Chamadas ilimitadas + 50 GB por 25 €/mes. É o plan que máis mellora, xa que até o de agora a compañía viña ofrecendo por 29 € o plan con 30 GB, polo que mellora tanto o prezo como a franquía de datos.
  • Chamadas e datos ilimitados por 33 €/mes. O plan máis ambicioso, con chamadas e datos ilimitados, reduce o seu custe 2 € ao mes. Ademais, para novas contratacións Yoigo ofrece esta tarifa durante 3 meses por 25 €.

Yoigo tamén promociona as súas ofertas de móbil regalando servizos de televisión de pago. Así, as usuarias que contraten estes servizos poderán disfrutar de tres meses de balde de Dazn, un mes de acceso a Flixolé e unha semana de Starzplay.

Sobre o autor

Reply