Vodafone lanza un novo plan flexíbel para segundas residencias

Vodafone vén de anunciar o lanzamento dunha nova solución para que a súa clientela de produtos converxentes, de só fibra ou móbil poidan desfrutar de conexión á rede con independencia de onde se atopen. O novo produto, chamado “Internet Segundas Residencias Flexíbel”, achega ao cliente a flexibilidade total para contar coa mellor conexión en lugares diferentes ao seu domicilio habitual.

A principal novidade deste servizo é que as usuarias non estarán atadas a pagos mensuais recorrentes, senón que unicamente se pagará polo que se necesite, non hai permanencias e se pode xestionar desde a aplicación Mi Vodafone para activalos durante 2, 7 ou 31 días.

Internet Segundas Residencias Flexíbel componse dun router ou MiFi 4G autoinstalábel, coa súa tarxeta SIM de datos e un bono de datos ilimitados a máxima velocidade, cunha vixencia temporal do escollido á hora de activalo (2, 7 ou 31 días).

Dispoñibilidade e prezo

Este novo servizo pode contratarse desde hoxe, e ofrécense dous dispositivos para poder empregalo: o router Huawei B311n, recomendado para segundas residencias ou domicilios máis estábeis, onde se poidan conectar máis dispositivos á rede eléctrica, ou o MiFi 4G, recomendado para quen desexa conectarse durante os seus traxectos en transporte ou en estancias puntuais (hoteis, apartamentos…). Calquera dos dous dispositivos ofrece unha velocidade máxima de 150 Mbps.

O router ten un prezo de 54 € nun único pago, aínda que se pode fraccionar en 12 meses (4,5 €/mes) ou 24 meses (2,25 €/mes), mentres que o dispositivo MiFi custa 36 €, tamén coa posibilidade de fraccionarse en cotas de 3 €/mes durante 12 meses ou de 1,5 €/mes se escollemos facelo en 24 meses. En canto aos prezos dos bonos, o de 2 días de duración custa 5 €, o dunha semana 15 € e o de 31 días 35 €.

Sobre o autor

Reply