Novo Samsung A52s 5G

Samsung anunciou onte o Galaxy A52s 5G, unha nova versión do seu modelo de smartphone dos últimos anos, resultado de introducir novas melloras ao Galaxy A52 5G de inicios de ano, a máis destacada a presenza do procesador Snapdragon 775G de Qualcomm para conseguir un rendemento mellorado.

O novo dispositivo da marca surcoreana está equipado cunha pantalla Infinity-O que permite ás usuarias disfrutar de series e películas nun panel Super AMOLED grande e inmersivo de 6,5 polgadas, que ten ademais unha frecuencia de actualización de 120 Hz, pensada para reproducir contidos de forma fluída.

No apartado fotográfico, a cámara Multi Role Quad mellora as fotografías a través de diferentes sensores: o principal de 64 MP, o sensor ultra gran angular de 12 MP, e un de profundidade e outro macro de 5 MP cada un. Por outro lado, a cámara selfie de 32 MP permite facer autorretratos de gran calidade. O estabilizador de imaxe óptico ofrece imaxes máis nítidas e permite ás usuarias deste modelo tomar fotos máis claras durante o día e máis brillantes pola noite.

A súa batería é de 4.500 mAh de capacidade, con carga súper rápida de 25 W, e leva conectividade 5G como reclamo. Posúe certificación contra pó e auga segundo o estándar I67, o que permite somerxementos de até 1 metro de auga durante 30 minutos, e como sistema operativo vén con Android 11 aderezado coa interface de usuario One UI 3.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Samsung Galaxy A52s 5G está dispoñíbel en branco, negro, verde menta e violeta por 449 euros na súa versión de 6 GB de RAM e 128 GB de almacenaxe interno, e de 509 € para a de 8 + 256 GB. Ademais, mercándoo antes do 30 de setembro as usuarias poderán desfrutar dun desconto de 50 € se entregan un terminal antigo.

Sobre o autor

Reply