R vén de anunciar o lanzamento da súa oferta máis competitiva, coincidindo co inicio do curso escolar, na que inclúe co seu combo infinito Netflix a posibilidade de escoller un agasallo, entre unha tablet Lenovo Smart Tab M10 HD cun dispositivo Alexa ou, se se prefire, un smartphone Samsung Galaxy A12.
Cun prezo promocional de 29 €/mes durante seis meses (o prezo definitivo queda en 79 € tras ese período), R ofrece ás usuarias deste produto converxente o seguinte:
- Internet de 500 megas. A velocidade é simétrica no caso de accesos con tecnoloxía FTTH, e de 500/50 Mbps para os accesos por rede coaxial. Ademais do router principal, inclúense sen custe dous amplificadores wifi mesh para multiplicar a cobertura e velocidade no interior da vivenda e chegar a todos os puntos da mesma.
- Fixo con chamadas. Inclúe 4000 minutos para chamadas a calquera teléfono estatal e 100 minutos a móbiles, ademais da identificación de chamadas, un servizo que varios operadores cobran á parte.
- 2 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados. O combo ten unha liña móbil principal con chamadas e gigas ilimitados. A segunda liña – coas mesmas condicións – considérase unha liña adicional, no que se aplica o desconto do 100% (saíndo gratis) durante 24 meses. Logo dese período o prezo será de 19 €/mes.
- TV con deco 4K. Máis de 60 canles, incluíndo series (FOX, AXN, TNT, Calle 13, Cosmo…), documentais (National Geographic, Discovery, Viajar….) e outros contidos. Leva o deco 4K con Android e servizo rebobina, pausa do directo, gravación e acceso a apps como Netflix, Prime Video, YouTube, Disney+ ou DAZN.
- Netflix. Unha subscrición a Netflix HD de 2 pantallas.
A tablet que se inclúe na promoción, a Lenovo Smart Tab M10 HD con Alexa, é un dispositivo de gama entrada que leva unha pantalla HD de 10.1 polgadas, procesador MediaTek e memorias de 4 e 64 GB, para RAM e almacenaxe interna, respectivamente.
En canto a permanencias, a contratación desta tarifa ten unha permanencia de 12 meses, polo que o gasto anual sería de 648 euros, que fan en media un gasto de 54 €/mes, moi competitivo para todo o que inclúe a oferta.
Combo estudantes
R tamén anunciou recentemente a súa oferta destinada a estudantes, na que ofrece unha conexión fixa de fibra a 200 ou 500 megas por 29 ou 33 € ao mes, respectivamente, durante un período promocional de 9 meses. Logo dese período, o custo da conexión é de 35 ou 39 €/mes, para as conexións de 200 e 500 megas.
En ambos os casos, os contratos non teñen permanencia.
Sobre R
R é unha das marcas que forma parte do Grupo MásMóvil, logo da recente OPA que este grupo fixo sobre o Grupo Euskaltel. Xunto a R, forman parte do Grupo MásMóvil as marcas MásMóvil, Yoigo, Pepephone, Euskaltel, Telecable, Virgin Telco, LlamaYa, Lebara e Lycamobile.