Cinco promocións de Internet para estudantes

Co mes de agosto dando as últimas puntadas, e milleiros de estudantes a piques de voltar ás aulas, as operadoras perfilan as súas ofertas dirixidas a este público potencial. Por iso nos últimos días multiplícanse as promocións dirixidas a quenes están a estudar.

Trátase de promocións que, previa xustificación de estar matriculado nunha carreira, ciclo ou estudo regrado, permiten acceder a mellores condicións, nalgúns casos por cuestión de prezo, e noutros pola ausencia de permanencias.

A continuación comentamos cinco destas promocións que nos pareceron bastante interesantes.

Fi Network

A operadora Fi Network, unha das marcas que máis está a apostar polo público novo, ofrece dúas tarifas para o estudantado, que se poden contratar até o 15 de outubro. Teñen 9 meses de permanencia, e permiten a suspensión do servizo sen custe durante 3 meses, co obxectivo de que se volva contratar no seguinte curso.

Oferta dúas opcións:

  • Fibra 300 Mbps por 24,90 €/mes
  • Fibra 300 Mbps e móbil (ilimitadas + 24 GB) por 34,90 €/mes

Ademais, a compañía inclúe a subscrición a Rakuten TV, e 5 películas de estrea sen custe adicional. Ademais, se se solicita a alta pola web recibirase un altofalante Bluetooth e uns auriculares como agasallo.

R

A operadora galega foi unha das pioneiras en ofrecer estes plans dirixidos ao estudantado, e a súa oferta destaca por non ter permanencia. A duración do prezo promocional é e 9 meses, tras o cal aumenta o seu prezo definitivo 6 euros.

Tamén ofrece dúas opcións:

  • Fibra 200 Mbps por 29 €/mes
  • Fibra 600 Mbps por 33 €/mes

Orange

Orange permite contratar por 30,95 €/mes, durante 12 meses, o servizo de fibra simétrica 600 Mbps, incluíndo chamadas a fixos nacionais e 1000 minutos a móbiles.

Como principal novidade deste ano da oferta da compañía laranxe, non haberá que pagar os 29,95 € de alta que viña cobrando en cursos anteriores.

Vodafone

Vodafone aposta polas tarifas Yu para dirixirse ao estudantado, con opcións de fibra, móbil ou combinación de ambos. Destaca da oferta que non ten permanencia e que se pode suspender o servizo durante 3 meses.

A oferta de tarifas é a seguinte:

  • Fibra 600 Mbps por 32 €/mes.
  • Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 15 GB + datos ilimitados en apps de mensaxería e redes sociais) por 45 €/mes, ou 50 €/mes para 30 GB no móbil, ademais do resto das vantaxes.
  • Móbil (ilimitadas + 15 GB + datos ilimitados en apps de mensaxería e redes sociais) por 15 €/mes, ou 20 €/mes para 30 GB no móbil, ademais do resto das vantaxes.

Simyo

Por último, a operadora Simyo tamén ofrece dúas solucións de conectividade para o estudantado, con velocidades de 100 e 300 Mbps e a vantaxe principal de poder cambiar entre ambas velocidades sempre que se queira e de maneira inmediata.

  • Fibra 100 Mbps por 25,99 €/mes
  • Fibra 300 Mbps por 30,99 €/mes

A marca de baixo custe de Orange ofrece ademais un desconto adicional de 7 € cando se contrate unha tarifa de móbil cunha cota superior aos 7 €. A permanencia é de 3 meses.

Sobre o autor

Reply