Dentro da súa estratexia de obxectos cotiás conectados, Vodafone vén de anunciar o lanzamento de Curve Pet Tracking Clip, un accesorio para mascotas que se acopla facilmente ao localizador intelixente Curve – que xa está dispoñíbel – e permite colocalo dunha maneira cómoda e segura no colar das mascotas.
Co lanzamento de Curve Pet Tracking Clip, incorpórnase a Curve novas funcionalidades específicas para as mascotas. Así, as usuarias deste aparello – e servizo – poderán estar en contacto coa súa mascota, recibir alertas personalizadas e gardar detalles dos seus paseos favoritos. Deseñado para seguir ás mascotas máis aventureiras, o dispositivo resulta moi duradeiro, compacto e impermeábel, e ofrece até 7 días de vida da batería. O clip, ao tempo, inclúe tamén diferentes tamaños para adaptarse á correa.
A principal característica de Curve é que combina até catro tecnoloxías de localización – GPS, Bluetooth, Wi-Fi e conectividade móbil) para permitir ter localizadas ás mascotas en todo momento, mesmo cando se atopan lonxe. A través da aplicación Vodafone Smart App, as usuarias de Curve disfrutarán de dúas novas características para as súas mascotas: Pet Walks, que rexistra os últimos paseos dos animais e as distancias percorridas, e Pet Profiles, que garda información importante sobre a mascota, como pode ser a súa raza ou características.
Dispoñibilidade e prezo
Tanto o clip como as dúas novas funcionalidades para as mascotas son as últimas novidades de Curve, o localizador GPS intelixente de Vodafone, que desde que foi lanzado ao mercado – no 2020 – leva recibido cinco premios ao seu deseño e funcionalidades.
O Curve Pet Tracker Clip está dispoñíbel por 9,90 €, aínda que promocionalmente Vodafone está a ofrecer o pack completo, composto polo dispositivo Curve e o accesorio Curve Pet Tracker Clip por 30 € (sen promoción sería 49,90 €), ao que hai que sumar 2 €/mes de suscrición ao servizo Curve.