A operadora Fi Network vén de lanzar unha promoción pola que ofrece máis gigas nos seus packs de fibra e móbil sen mudar o prezo, promoción que será válida para as contratacións que se fagan até o próximo 31 de decembro, de maneira que as usuarias que contraten estes paquetes disfrutarán de maneira permanente da mellora dna franquía de datos.
Con esta oferta, os paquetes de fibra e unha liña móbil quedan do seguinte xeito:
- Fibra 600 megas + móbil con chamadas ilimitadas e 35 GB por 39,90 €.
- Fibra 600 megas + móbil con chamadas ilimitadas e 50 GB por 44,90 €.
Tamén melloran con esta promoción dous dos packs de fibra con dúas liñas móbiles, que quedan do seguinte xeito:
- Fibra 300 megas + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 15 GB de datos cada unha por 39,90 €.
- Fibra 100 megas + 2 liñas con chamadas ilimitadas e 9 GB cada unha por 34,90 €.
Todas estas tarifas seguen mantendo os beneficios habituais da compañía, como compartir datos con outras usuarias de Fi Network, acumulalos para o mes seguinte ou acceder ao servizos de Rakuten TV Suscrición e Protección Familiar Médica e Legal de Legálitas, que están incluídos sen custe adicional nos paquetes de fibra e móbil.
Non coñecía esta compañía e agora vexo publicidade dela en tódolos sitios, xornais, selección española de fútbol, moto GP…