Orange súmase tamén a ofrecer fibra de 10 Gbps a particulares

Logo do anuncio de Digi, agora é Orange a compañía que se lanza a ofrecer fibra simétrica de 10 Gbps, apuntándose o tanto de ser quen ofrece a maior rede comercial destas características, coa que dará servizo tanto a usuarias residenciais como a empresas. Nun primeiro momento, a operadora laranxa iniciará a comercialización deste servizo nas cidades de Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Zaragoza, mais xa coa vista posta en ir extendendo a cobertura a medida que vaia universalizando a tecnoloxía XGSPON, que Orange comezou a instalar hai catro anos.

As capacidades da fibra XGSPON, combinadas co sistema WiFi 6, que mellora a estabilidade, cobertura e velocidade no acceso sen fíos, supón un importante avence na conectividade de interiores, que se completa coa emulsión das primeiras redes 5G en exteriores, co que as usuarias cada vez somos quen de conectarnos a maiores velocidades, ondequeira que esteamos en cada momento.

É necesario contar cunha conexión de 10 Gbps simétricos? A resposta é que, a día de hoxe, e sacando o uso en empresas, dificilmente se lle pode sacar todo o partido. O primeiro por unha cuestión de dispositivos, xa que precisamos ter unha combinación de trebellos compatíbeis para exprimir ao máximo a rede, e por outro lado, porque non é habitual ter tal demanda de velocidade ao mesmo tempo nun fogar.

As vantaxes destas redes son máis futuríbeis, no sentido de que semellante velocidade permítenos manter conectados videostreamings a 4K en varios televisiores ao mesmo tempo, descargas de xogo online en tempo récord… pero sobre todo abre a porta a aplicacións futuras, como a realidade virtual ou os hologramas, que efectivamente podan requirir unha maior capacidade.

Ao igual ca Digi, Orange ofrecerá este servizo por 10 €/mes adicionais sobre o prezo habitual, coas tarifas Love Total Plus e Love Total Plus 4 para clientes residenciais, e con Love Empresa 3 e 5 para autónomos e pequenas empresas.

Sobre o autor

No Responses

Reply