Realme anuncia o su stick con Google TV

O fabricante chinés realme, que desde hai uns meses está a introducirse no mercado español cos seus smartphones, vén de de anunciar o seu “pincho” de televisión, o realme 4k Smart Google TV Stick. Trátase dun accesorio destinado a actualizar calquera televisor con HDMI, ofrecéndolle solucións de smart TV.

O novo trebello emprega Google TV, a nova interface que Google desenvolveu e estreou no Chromecast con Google TV, e que facilita enormemente a navegación, ao resultar moito máis intuitiva e adaptada a dispositivos de pantalla grande, como é unha televisión.

Da mesma maneira que o último Chromecast de Google, o realme 4k Smart Google TV Stick vén cun mando a distancia que integra acceso directo ás plataformas de streaming máis empregadas: Netflix, YouTube e, ademais (e a diferenza da alternativa de Google) a Prime Video. O mando tamén ten micrófono para poder indicar comandos a Google Assistant.

Dispón de soporte para pantallas e televisores con resolución 4K a 60 fotogramas por segundo, algo que poderemos aproveitar sempre que os contidos tamén o sexan. Así mesmo, tamén é compatíbel con HDR 10+ e coa función de Chromecast.

Dispoñibilidade e prezo

O novo stick de realme vén de poñerse á venda na India por un prezo ao cambio que ronda os 45 euros, prezo moi competitivo, para un dispositivo tan completo. Haberá que agardar a que a compañía anuncie as datas e prezos oficiais para a súa comercialización no noso país, algo que agardamos suceda en poucas semanas.

Sobre o autor

Reply