Samsung anuncia os Galaxy M52 5G e Galaxy M22

O fabricante surcoreano Samsung anunciou a semana pasada o lanzamento de dous novos smartphones da serie M: o Galaxy M52 5G, un teléfono máis elegante e intelixente, e o Galaxy M22, un dispositivo máis básico que destaca por contar entre as súas especificacións cunha cámara cuádruple.

Samsung Galaxy M52 5G

O Samsung Galaxy M52 5G chega ao mercado cun deseño fino – apenas 7,4 mm de grosor – e un peso de 173 gramos. No seu interior alberga o procesador Qualcomm Snapdragon 778G de 6 nanómetros, que ofrece un 40% de mellora no rendemento da CPU e unah mellora por 2 no rendemento da IA en comparación co seu predecesor. Leva 6 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD de até 1 TB.

A súa pantalla é un panel Super AMOLED+ Infinity-O de 6,7 polgadas e unah taxa de refresco de 120 Hz para unha visión inmersiva e realista en películas de acción ou nos videoxogos. Esta experiencia tamén se verá reforzada pola calidade do son que ofrece Dolby Atmos.

A súa cámara principal é de 64 MP, aínda que está acompañada de sensores secundarios para mellorar a experiencia en diferentes situacións. Así, dispón dun lente gran angular de 12 MP, que engade unha perspectiva adicional para que caiban todos os detalles nun só cadro, e un lente macro de 5 MP que toma os primeiros planos con todos os detalles. Do outro lado, na parte frontal, temos unha cámara de 32 MP.

A súa batería é de 5.000 mAh de capacidade, con carga rápida de 25W, e como sistema operativo leva Android 11 con One UI 3.1. Ademais tamén inclúe Knox para ofrecer unha capa de seguridade adicional e permitirlle ás usuarias separar, por exemplo, a súa vida persoal e laboral.

Samsung Galaxy M22

Por outro lado, Samsung tamén anunciou o Galaxy M22, un teléfono que destaca polo seu sistema de cuádruple cámara, formada por unha principal de 48 MP, un sensor gran angular de 8 MP que ofrece un campo de visión de até 123 graos, e sensores macro e zoom de 2 MP, respectivamente. A cámara de selfies é de 13 MP e xa vén con filtros incorporados e diferentes modos de fotografía.

A súa pantalla é un panel Super AMOLED Infinity-U de 6,4 polgadas HD+, e dispón dunha batería de 5.000 mAh con carga rápida de 25W. Posúe unha memoria RAM de 4G e 128 GB de memoria interna, aínda que esta capacidade se pode ampliar mediante tarxetas microSD de até 1 TB.

Dispoñibilidade e prezo

Ambos dispositivos póñense en prevenda desde hoxe até o 1 de novembro a través de Amazon e PcComponentes. Aquelas persoas que opten por esta opción desfrutarán dun desconto importante, podendo conseguir o Galaxy M52 5G por 369 € e o Galaxy M22 por 209 €.

Despois deste período promocional, o Galaxy M52 5G custará 449 €, e o Galaxy M22 256 €.

En canto ás cores, o Galaxy M52 5G pódese mercar unicamente en negro, mentres que o Galaxy M22 chega ao mercado en azul, negro e branco.

Sobre o autor

Reply