Sony anuncia o Xperia Pro-I, cun sensor Zeiss dunha polgada

O fabricante xaponés Sony vén de presentar un novo smartphone que se suma ao seu catálogo de smartphones adicados ao público máis profesional. Falamos do Sony Xperia Pro-I, un terminal que ten como principal característica a presenza dun sensor Zeiss dunha polgada.

O Xperia Pro-I (“I” de “imaxe”, como aclarou a compañía) está equipado cunha pantalla OLED de 6,5 polgadas que conta con resolución 4K, HDR e taxa de refresco de 120 Hz. No seu interior temos o procesador Qualcomm Snapdragon 888, xunto con 12 GB de memoria RAM e 512 GB de capacidade de memoria interna, que podemos ampliar a través de tarxetas microSD.

O apartado fotográfico é o gran protagonista, e nel nos atopamos cunha cámara frontal de 8 MP con f/2.0. Porén, o máis interesante témolo na parte traseira, formada por catro sensores: 12 MP con f/2.0-f/4.0 dunha polgad e 24 mm; 12 MP con f/2.2 e 16 mm; 12 MP con f/2.4 e 50 mm; e TOF 3D.

Esta configuración de cámaras permite ás usuarias tomar fotos e gravar vídeos de maneira profesional, unha experiencia que tamén completa a aplicación de cámara, que dispón dun modo profesional que dispón de opcións semellantes ás que podemos atopar nunha cámar réflex ao uso.

Completando a listaxe de especificaciósn temos unha batería de 4.500 mAh de capacidade con carga rápida de 30W, conectividade 5G, WiFi ax, Bluetooth 5.2, NFC, minijack de auriculares de 3.5 mm, lector de pegadas dixitais e protección IPX5/IPX8 e IP6X.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Sony Xperia PRO-I vaise poñer á venda em Europa a comezos de decembro nunha única configuración de memorias. Polo de agora ten previsto chegar oficialmente a Reino Unido, Francia, Alemaña e Países Baixos.

Sobre o autor

Reply