Xiaomi anunciou onte a chegada ao noso país de dous televisores Mi TV Q1E, a serie de televisores intelixentes máis premium da compañía, e que estarán dispoñíbeis para mercar en dous tamaños: 55 e 75 polgadas, por un prezo de partida de 799 €.
A Mi TV Q1E 75” destaca pola súa enorme pantalla ultra nítida coa tecnoloxía Local Dimming con 192 zonas (Full Array LED), que realiza unha mellora automática da iluminación de forma local e complementa o deseño sen bordes das tres partes, permitindo centrarse na imaxe e desfrutar dunha experiencia visual envolvente. A pantalla QLED emprega tecnoloxía Quantum dots de tamaño nanométrico para conseguir unha gama de cores máis ampla e amosar imaxes máis brillantes, vibrantes e reais. Mi TV Q1E 75” crea un mundo de cor DCI-P3 do 95% e un espectro de cores NTSC do 100%.
Ademais, Mi Q1 75?? pode amosar 1.07 billóns de cores, facendo que cada ton sexa preciso e puro, o que resulta en transicións máis suaves. Compatíbel con Dolby Vision e HDR10+, a pantalla QLED pode procesar e optimizar a calidade de imaxe fotograma a fotograma, amosando claramente cada detalle brillante e escuro cunha calidade de imaxe máis próxima á realidade.
As altofalantes duais incorporados con grandes ocos de son constan de catro woofers e dos tweeters, que producen tanto agudos delicados como graves profundos. Así, o son claro e tridimensional encherá a estancia, permitindo desfrutar dunha experiencia cinematográfica desde a comodidade do fogar.
Leva como sistema operativo AndroidTV 10, o que abre a porta máis de 700.000 películas e programas e 5.000 aplicacións. Ao igual ca na versión de 55 polgadas, conectado a través de Bluetooth, o mando a distancia funciona en calquera ángulo e desde calquera dirección, sen necesidade de apuntar ao televisor. Este mando está optimizado para facilitar o acceso ás dúas aplicacións de vídeo streaming máis populares, Netflix e Prime Video, a través de botóns adicados.
Pola súa banda, a Mi TV Q1E 55” ofrece unha visión envolvente e realista á vez que eleva a estética cun deseño fino e elegante. A súa pantalla Quantum Dots 5K ofrece unha gama de cores DCI-P3 do 97% e un espectro de cores NTSC do 103%, cun alto rango dinámico respaldado por Dolby Vision e HDR10+. Tamén conta con tecnoloxía MEMC de 60 Hz para garantir a reprodución de imaxes en movemento fluída e de alta definición. O dispositivo tamén funciona con AndroidTV 10.
Dispoñibilidade e prezo
A nova Mi TV Q1E 75” está dispoñíbel a través da web mi.com/es e na rede de tendas de MediaMarkt. Pola súa banda, o modelo Mi TV Q1E 55′ chegará ao noso país o 11 de novembro por 799 € na web mi.com e a través dos principais retailers oficiais.