Lowi retoca as súas tarifas converxentes máis económicas engadindo máis datos no móbil

A competencia no mercado converxente de fibra – móbil está a producir unha batalla entre as diferentes operadoras, nomeadamente as marcas de baixo custe, para tratar de aumentar a súa cota do mercado. As opcións para mellorar a oferta da competencia redúcense a dúas: mellorar o prezo ou mellorar o servizo, e desta vez Lowi – marca de baixo custe de Vodafone – optou pola segunda opción.

Deixando ao marxe o seu plan con fibra de 600 Mbps e unha liña móbil con 30 GB e chamadas ilimitadas por 39,95 €/mes, que non varía, os cambios chegan ás dúas opcións máis modestas, nas que ofrece velocidades de 100 e 300 Mbps simétricos de fibra, respectivamente.

Deste xeito, o plan básico ofrece á clientela unha conexión de fibra de 100 Mbps cunha liña de móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos por 29,95 €/mes, fronte os 8 GB que incluía até o de agora, ou unha conexión de fibra de 300 Mbps cunha liña móbil con chamadas ilimitadas e 25 GB por 34,95 €/mes, antes con 20 GB.

Estas dúas ofertas están dispoñíbeis tanto para a clientela actual como para aquela potencial, e permiten beneficiarse de outras vantaxes, como a acumulación dos gigas non consumidos para usar no mes seguinte, compartir datos con outros usuarios da compañía ou contratar liñas de móbil adicionais desde 2,95 €/mes.

Sobre o autor

Reply