O novo Poco M4 Pro 5G chega mañá ao mercado desde 229 euros, 199 en promoción

Poco, unha das marcas de Xiomi, anunciou onte o lanzamento dun novo smartphone, o Poco M4 5G. Trátase do primeiro terminal da serie M de Poco que incorpora a tecnoloxía de carga rápida de 33W, e que está destinado ao público que busca un terminal para o entretemento na gama media, con prezos axustados.

O dispositivo integra no seu interior un procesador MediaTek Dimensity 810, un modelo de 8 núcleos fabricado con tecnoloxía de 6 nanómetros. Ofrece dúas alternativas de acordo coa capacidade das memorias: 4 + 64 GB ou 6 + 128 GB, para memoria RAM e memoria interna, respectivamente. Ademais, en ambos casos, pódese ampliar esta capacidade a través de tarxetas microSD de até 1 TB de capacidade.

A parte frontal do dispositivo presídea a súa pantalla, un panel DotDisplay de 6,6 polgadas con resolución FHD+ (densidade de 2400 x 1800 pixeles), que ten unha taxa de refresco de 90 Hz e protección Gorilla Glass na súa versión 3 fronte rabuñadas e pequenos golpes.

Como adianta no seu apelido, o Poco M4 5G dispón de compatibilidade coas redes 5G, ademais de Bluetooth 5.1, chip NFC para poder facer pagos móbiles e soporte para as dúas bandas de WiFi, a de 2.4 e a de 5 GHz. Tamén leva no seu interior unha batería de 5.000 mAh de capacidade, compatíbel con carga rápida de 33W, así como un lector de pegadas dixitais que se sitúa no lateral.

No apartado fotográfico temos un sistema traseiro formado por unha cámara dual que conta cun sensor principal de 50 MP con apertura f/1.8, e que está acompañado por un sensor secundario de 8 MP con f/2.2 e un ángulo de visión que chega aos 119 graos. Na parte frontal unicamente temos unha cámara, de 8 MP.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Poco M4 5G chega ao mercado en tres cores (amarelo, azul e negro) e se poderá mercar a través de varias empresas comercializadoras, ademais da tenda de Poco e GoBoo, esta última cunha oferta exclusiva que remata hoxe.

Durante mañá e pasado haberá unha oferta especial “Early Bird“, coa que se poderá adquirir a versión de 4 + 64 GB por 199,99 €, e a de 6 + 128 GB por 219,99 €. Pasado este momento promocional, os prezos definitivos pasarán a ser de 229,99 e 249,99 €, respectivamente, para as versións de 4 + 64 e 6 + 128 GB.

Sobre o autor

Reply