Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone, é coñecida por agasallar con gigas de balde nas súas campañas de promoción de verán ou Nadal, así como tamén o día do aniversario da persoa titular do contrato.
Agora, Lowi volve darlle unha nova reviravolta, cun programa chamado “Los de Lowi”, que premia a antigüidade da súa comunidade cun bono de 25 GB gratuítos que se multiplican polo número de anos como cliente de Lowi.
Esta promoción aplícase a toda a carteira de clientes, xa sexan de móbil ou dun produto combinado fibra – móbil, e se fai efectiva o día do aniversario da clienta con Lowi, e para todas as liñas móbiles contratadas. O bono poderase desfrutar durante o mes elixido de maneira manual, activándoo desde a app, e aínda que se poden compartir eses gigas, non se poderán acumular.
Para celebrar o lanzamento deste programa, toda a clientela poderá desfrutar do seu bono – regalo de 2021, con 25 GB por cada ano sendo de Lowi, até o 15 de xaneiro de 2022. Ademais, e como benvida á compañía, a clientela que leve menos dun ano ou os novos clientes que se dean de alta entre o 15 de novembro e o 15 de xaneiro, tamén desfrutarán de 25 GB de regalo.