Pepephone triplica a velocidade da súa oferta converxente máis económica

A operadora Pepephone, unha das múltiples marcas do Grupo MásMóvil, vén de anunciar a mellora da súa proposta converxente de fibra e móbil máis económica, multiplicando por tres a velocidade da conexión fixa, que pasa dos 100 aos 300 Mbps sen que isto afecte ao seu prezo, de 38,90 €/mes.

Esta tarifa inclúe tamén unha liña de móbil con 23 GB de navegación e chamadas ilimitadas a fixos e móbiles de todo o estado, e xa está dispoñíbel para as novas contratacións, pero tamén se aplica desde onte á clientela actual, sen que esta teña que facer nada para desfrutar das novas condicións.

Quen queira desfrutar dunha maior velocidade de conexión poderá optar pola tarifa de 600 Mbps de fibra simétrica, que inclúe tamén unha liña móbil con chamadas ilimitadas, aínda que neste caso cunha franquía de datos de 39 GB por 48,90 €/mes. Pepephone tamén ofrece datos ilimitados nesta liña móbil por unha cota de 19,90 €/mes, que se sumarían ao prezo da tarifa converxente de 600 Mbps con móbil e 39 GB.

Sobre o autor

Reply