R acelera a migración da súa clientela móbil á rede do Grupo MásMóvil

Arredor de 290.000 liñas móbiles de R dun total de 367.000 coas que conta a operadora galega no segmento residencial, foron migradas con éxito á cobertura móbil que ofrece a rede do Grupo MásMóvil, un paso lóxico logo de que este Grupo completase a adquisición do Grupo Euskaltel, do que formaban parte R, Telecable, Euskaltel e Virgin Telco.

O proceso levouse a cabo nun tempo récord de tres semanas, e deste modo as usuarias da compañía comezarán a empregar principalmente a rede de Yoigo (única das marcas do Grupo MásMóvil con cobertura propia), e de outros operadores onde esta non chega, grazas a acordos de compartición de redes, principalmente con Orange.

Segundo os datos que aporta a propia R, un 50% da clientela da compañía tería mellorado a súa cobertura de forma significativa en numerosos municipios de Galiza, o que supón unha oportunidade para as localidades máis illadas, segundas residencias, zonas rurais ou poboacións con cobertura exclusiva dun dos operadores.

Durante os próximos meses, o total das liñas de móbil do operador galego quedarán migradas á rede do Grupo MásMóvil, e poderán gozar desta nova cobertura de rede.

Sobre o autor

One Response

  1. Roi Valcárcel 30 Decembro, 2021 Responder

Reply