Unha segunda vida para as redes de pesca abandonadas nos novos dispositivos Galaxy

Cando nos falan de plásticos nos océanos non podemos evitar pensar en botellas de auga ou bolsas da compra. Porén, existe unha chamada “ameaza oculta”, composta polas redes de pesca abandonadas. Segundo apuntan algunhas estimacións, estas redes abandonadas poderían supor nada menos que 640.000 toneladas ao ano.

Estas redes abandonadas á deriva son as principais responsábeis de atrapar e enredar a vida mariña, danar os arrecifes de coral e os hábitats naturais, o que supón unha alteración do equilibrio do medio ambiente. Por iso recoller estas redes e reducir o seu impacto é un primeiro paso fundamental para manter limpos os mares e o océanos, contribuíndo así a preservar o noso planeta.

Samsung, a través do seu proxecto “Galaxy for the planet”, aspira a minimizar a pegada ambiental e contribuír a fometnar estilos de vida máis sostíbeis, e vén de desenvolver un novo material plástico que dá unha nova vida a estas redes que acaban nos océanos, para incorporalos a varios dos seus dispositivos Galaxy.

Os primeiros trebellos que integrarán este novo material son os que pertencen á serie Galaxy S22, que serán presentados no Samsung Unpacked previsto para este mércores, 9 de febreiro, a partir das 16 horas.

Sobre o autor

No Responses

Reply