Motorola tamén integrará un stylus no seu próximo gama alta, segundo as filtracións

Coa resaca do lanzamento do nova serie Galaxy S22 de Samsung aínda recente, na que se atopa o Galaxy S22 Ultra como natural sucesor da extinta serie Note, as filtracións xa apuntan a Motorola, cun inminente lanzamento no que seguramente vexamos o Motorola Edge 30 Pro.

Segundo apuntan as últimas filtracións, o Motorola Edge 30 Pro tamén integrará a compatibilidade cun stylus de maneira análoga aos dispositivos de Samsung, e xunto con este gadget o software necesario para poder darlle uso, especialmente atendendo ás notas manuscritas.

Este novo dispositivo da marca chegará, segundo apunta toda a rumoroloxía, cunha pantalla de 6,7 polgadas con resolución Full HD+ e taxa de refresco de 144 Hz. No interior, o procesador máis potente de Qualcomm, o Snapdragon 8 Gen 1.

Nas imaxes que se filtraron aparece unha funda que permite usar o móbil en formator horizontal, que haberá que ver se se comercializa en conxunto ou por separado cando o novo smartphone de Motorola chegue ao mercado.

Sobre o autor

Reply