Digi mellora a súa oferta móbil, ademais da de fibra nos puntos con cobertura directa

A compañía Digi é unha das empresas que máis está a medrar no segmento de baixo custe, posicionándose como unha das empresas relevantes no panorama estatal das telcomunicacións. Isto débese en boa medida á súa oferta agresiva, tanto no segmento móbil como nos produtos converxentes, especialmente cando falamos de fibra SMART, na que depende dos seus propios despregamentos.

A operadora vén de anunciar cambios nas súas tarifas de móbil, que supoñen un incremento importante no número de gigas incluídos nas mesmas sen que isto supoña subir o prezo. Isto afecta tanto aos plans ilimitados, para chamadas a fixos e móbiles estatais, como nos que teñen bonos de minutos, que se poden empregar tanto para chamadas estatais como internacionais.

Tras os cambios, as usuarias de Digi poden desfrutar de catro plans con chamadas ilimitadas e 10, 20, 50 ou 100 GB de datos por 7, 10, 15 ou 20 €/mes, respectivamente. Quen necesite acceder a un bono con chamadas internacionais pode elixir algún dos catro “Digi combos”, que ofrecen 6 GB + 100 minutos por 5 €/mes, 20 GB + 400 minutos por 10 €/mes, 50 GB + 800 minutos por 15 €/mes ou 100 GB + 2000 minutos por 20 €/mes.

A compañía tamén triplica os datos da súa oferta “mini, pasando de 1 a 3 GB de datos e 100 minutos de voz por 3 €/mes, unha tarifa moi competitiva para as usuarias que non usan moito o móbil

En canto á fibra, a operadora ofrece a súa fibra SMART – con cobertura directa – de 1 Gbps simétrico por 20 €/mes, e a opción de contratar a fibra PRO-DIGI de até 10 Gbps simétricos por 30 €/mes, aínda que de momento esta opción só está dispoñíbel nalgunhas zonas de Madrid. Para coberturas indirectas, as opcións quedan nos 300 Mbps por 25 €/mes ou 1 Gbps por 30 €/mes.

De combinarse servizos de móbil e fibra, Digi ofrece descontos adicionais no móbil, de maneira que, por exemplo, a tarifa móbil de 20 GB + ilimitadas quedaría nos 6 €/mes ou a ilimitada total (chamadas e datos ilimitados) en 15 €/mes.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Rober 17 Febreiro, 2022 Responder

Reply