O pasado 26 de xaneiro Xiaomi presentou a nova serie Redmi Note 11 nun evento mundial, ofrecendo ao público catro novos dispositivos que se adaptan a diferentes necesidades. Son os Redmi Note 11, Redmi Note 11S, Redmi Note 11 Pro e Redmi Note 11 Pro 5G, que inclúen características máis avanzadas. Entre os seus puntos fortes están a cámara, a velocidade de carga e a potencia do seu procesador.
Os catro trebellos veñen de serie co novo sistema operativo MIUI 13, que ofrece unha actualización máis completa enfocada a mellorar a experencia das usuarias, especialmente mellorando a velocidade de almacenamento e unha maior eficiencia nos procesos en segundo plano, o que se traduce en máis autonomía.
Estas novidades concrétanse nas funcións Liquid Storage (novo método para administrar a forma en que se almacenan os arquivos), Atomized Memory (mellora da eficiencia da memoria RAM), Focused Algorithms (asignación dinámica dos recursos do sistema en función dos escenarios de uso) e Smart Balance (equilibrio entre rendemento e consumo de enerxía).
Almacenaxe, prezos e dispoñibilidade
O Redmi Note 11 estará dispoñíbel a través dos operadores e retailers do Estado español a partir do 24 de febreiro, en tres versións atendendo á súa memoria interna e RAM:
- 4GB+64GB: por 199,99€ en Amazon, PCComponentes, Media Markt e www.mi.com/es
- 4GB+128GB: por 229,99€ en todos os retailers (MediaMarkt, El Corte Inglés, FNAC, Phone House, Carrefour, Amazon, PCComponentes), en www.mi.com/es e en Xiaomi Stores
- 6GB+128GB: por 259,99€ en todos os operadores (Orange, Telefónica, Vodafone y Yoigo), El Corte Inglés, en www.mi.com/es e Xiaomi Stores.
Ademais, o Redmi Note 11 contará cunha promoción Early Bird de 179,99 € desde o21 de febreiro ás 12:00h ao 23 de febreiro ás 13:00h na súa versión de 4+64 GB en Amazon, PC Compontentes e en www.mi.com/es. A partir de dita data e hora, o seu prezo será de 199,99€. Tamén terá un cupón e 20 € de desconto en Amazon e en www.mi.com/es exclusivo durante a primeira hora da promoción Early Bird (21 de febrero de 12-13h).
Pola súa banda, o Redmi Note 11S tamén chegarán ao noso país o 24 de febreiro en dúas versións:
- 6 GB + 64 GB: por 249,99€ en Amazon e en www.mi.com/es
- 6GB + 128GB: por 279,99€ en Amazon, Media Markt online e Xiaomi Store.
En canto aos Redmi Note 11 Pro e Redmi Note 11 Pro 5G, está previsto que cheguen proximamente ao mercado español, aínda que polo de agora non hai información sobre datas concretas.
Reparación de pantalla de balde e promoción de YouTube Premium
Aquelas persoas que adquiran un Redmi Note 11 até o 21 de marzo de 2022, incluído, a través de calquera canle de venda oficial, terá dereito a unha reparación gratuíta de pantalla en un Centro de Servizo Local de Xiaomi dentro dos seis primeiros meses contados desde a data de compra do produto.
Por outra banda, os novos terminais de Xiaomi chegan con dous meses de proba de YouTube Premium sen custe.