TCL amplía a súa gama de televisores 4K de 2022 coa serie TCL P73

TCL vén de anunciar a ampliación da súa gama de televisores 4K deste 2022 coa nova serie TCL P73, un televisor 4K con HDR de Google dispoñíbel en diferentes tamaños de pantalla: 43, 50, 55, 65, 75 e 85 polgadas.

Entre os seus puntos de destaque, a serie TCL P73 ofrece ás usuarias unha experiencia cinematográfica de alta calidade, con imaxes en movemento e audio envolvente. Conta con Dolby Vision, unha tecnoloxía de imaxe avanzada que combina o alto rango dinámico (HDR) con capacidades de cores vibrantes para ofrecer unha calidade de imaxe ultra viva con brillo, contraste, cores e nível de detalle, así como tamén con Dolby Atmos, que localiza os sons nun espazo multidimensional, o que permite ás usuarias sentir que están “dentro” da película, serie, videoxogo ou deporte favorito.

Ademais da súa ampla gama de cores, con máis de mil millóns de cores, a serie P73 de TCL conta tamén con Motion Clarity, unha tecnoloxía de procesamento de imaxes en movemento que garante imaxes e sons máis nítidos, sen borrosidade e estábeis durante a práctica de deportes e as escenas de acción e movemento rápido.

A última tecnoloxía HDR 10 fai que a pantalla 4K sexa mellor a través da asignación dinámica de tons, para ofrecer máis níveis de brillo, saturacións de cor e contrastes. Ademais, co HDR Multi Format permíteselle ás usaurias obter a calidade de imaaxe 4K HDR no televisor, xa que admite HDR10, HDR HLG, HDR10+ ou HDR Dolby Vision, con independencia de que se vexan en Netflix, Disney+ ou Amazon Prime.

Para as usuarias de videoxogos, a tele leva Game Master para unha experiencia de xogo optimizada, combinada co HDMI 2.1, que garante a compatibilidade coas últimas xeracións de videoconsolas e permite funcións como o ALLM (modo de baixa latencia automática), que fai que a videoconsola ou a tarxeta gráfica do PC cambien directamente ao modo xogo automaticamente, ofrecendo un retardo de entrada inferior aos 15 ms.

Toda a serie P73 de TCL vén con GoogleTV, con opcións de contido agregadas a través dos diferentes servizos de streaming. O asistente de Google ofrece unha forma intelixente e sinxela de que as usuarias interactúen con ela, e completando estas opcións temos Google Duo, para que as videochamadas instantáneas coa familia sexan aínda máis rápidas.

Nas próximas semanas está previsto que saibamos máis sobre a súa dispoñibilidade oficial no noso país, así como tamén o prezo ao que poderán ser adquiridos os diferentes modelos desta nova serie.

Sobre o autor

Reply