MásMóvil triplica a súa oferta de fibra máis básica, pasando de 100 a 300 Mbps sen mudar o prezo

MásMóvil vén de triplicar a súa oferta máis básica de fibra, que pasa dos 100 aos 300 Mbps sen que isto supoña un aumento no prezo da cota mensual. Trátase dunha mellora que se aliña co que xa están a ofrecer a meirande parte das operadoras, e nomeadamente as diferentes marcas que forman parte do Grupo MásMóvil.

Este aumento da velocidade estase a producir de xeito automático, tanto para a clientela actual da compañía, como para a xente que contrate o servizo a partir deste momento, e afecta tanto ás persoas que teñen produtos só fibra como aos que contrataron servizos combinados fixo – móbil.

Tras estes cambios, as opcións para contrtar fibra con MásMóvil son as seguintes:

  • Fibra 300 Mbps por 29,99 €/mes.
  • Fibra 300 Mbps + móbil 25 GB por 39,99 €/mes
  • Fibra 300 Mbps + móbil 45 GB por 49,99 €/mes
  • Fibra 600 Mbps por 39,99 €/mes
  • Fibra 600 Mbps + móbil 25 GB por 49,99 €/mes
  • Fibra 600 Mbps + móbil 35 GB por 54,90 €/mes

A fibra de MásMóvil inclúe teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos mensuais de chamadas a móbiles, e as liñas móbiles levan minutos ilimitados. Ademais, a compañía ofrece unha segunda liña móbil gratuíta con 3 GB e ilimitadas para sempre.

Sobre o autor

No Responses

Reply