Nova serie de portátiles Galaxy Book2 Pro de Samsung con Windows 11

Samsung anunciou desde o Mobile World Congress a serie Galaxy Book2 Pro, novos ordenadores portátiles que inclúen o Galaxy Book2 Pro 360 con S Pen e Galaxy Book2 Pro con 5G. Ambos dispositivos combinan a flexibilidade e versatilidade para o traballo en mobilidade, e están enfocados á seguridade para entornos de traballo remotos ou híbridos.

Dependendo das versións, os Galaxy Book2 ofrecen diferentes opcións de conectividade, incluíndo o estándar WiFi6 e 5G, esta última especialmente pensada para usuarias que se desprazan habitualmente. Todos eles veñen con cargador USB-C con carga ultrarrápida a unha autonomía de até 21 horas de uso.

Están equipados con procesadores Intel Core de 12ª xeración, cámaras web FHD de 1080p con ángulos de visión máis amplos, e unha transmisión de vídeo nítida, pensando nas cada vez máis habituais videochamadas.

As súas pantallas son paneis AMOLED con certificación GREENGUARD, e teñen máis brillo para unha maior claridade. Tamén melloraron o audio, con cancelación de ruído bidireccional de IA que bloquea os ruídos de distracción, e co Smart Amp de 5W de saída máxima, que produce un son equilibrado a volumes máis altos. Ademais, son compatíbeis con son AKG e Dolby Atmos.

Samsung tamén decidiu apostar polo Ecosistema Galaxy, especialmente pensando na transferencia de contidos. A través do Single Sign-On con Samsung Account, con tan só introducir o nome de usuario e o contrasinal unha vez poderase ter acceso ás apps e contidos do dispositivo Galaxy, incluíndo a galería e Samsung Notes, ou ter os Galaxy Buds emparellados.

Nesta mesma liña, opcións como Conexión a Windows / Microsoft O TeuTeléfono pódese emparellar o smartphone Galaxy con calquera dispositivo da serie Galaxy Book2 Pro, e ter acceso ás apps recentes; con Samsung Multi Control pódese usar o teclado da Galaxy Book2 Pro mentres se navega na pantalla da Galaxy Tab S8; con Private Share pódense compartir documentos de traballo sensíbeis de maneira doada, e con Quick Share pódense enviar arquivos de gran tamaño coa opción Link Sharing, para facer doado que outras persoas poidan acceder rapidamente ao contido.

Dispoñibilidade

Os Galaxy Book2 Pro estáran dispoñíbeis en abril en cores Graphite e Sivler, cuns prezos que oscilarán entre os 749 e os 1299 euros.

Sobre o autor

Reply