Cargar o móbil ao 100% en 10 minutos será posíbel coa nova tecnoloxía de carga de 240W de Oppo

Durante a súa presentación no Mobile World Congress de Barcelona, Oppo volveu presumir dos seus avances en carga rápida, anunciando dúas novidades que son bastante notorias para a industria do móbil. O máis sorpresivo foi o anuncio da nova tecnoloxía que permite cargar a 240 W, aínda que o máis útil a día de hoxe foi a presentación da carga de 150 W SUPERVOO con Battery Health Engine (BHE).

O fabricante chinés integrou a tecnoloxía Battery Health Engine (BHE), de desenvolvemento propio, dentro da súa carga ultrarrápida de 150 W, facendo posíbel que a abtería manteña o 80% da súa capacidade orixinal logo de até 1.600 ciclos de carga, o que duplica o estándar da industria e fai posíbel unha carga extremadamente rápida ao tempo que se protexe a súa saúde.

Pola súa banda, a tecnoloxía de carga rápida SUPERVOOC de 240 W supón o último avance tecnolóxico da industria do móbil nesta liña de investigación, e permite cargar unha batería de 4.500 mAh (un dos tamaños máis habituais no presente) desde o 1 ao 100 % da capacidade nun tempo inferior aos dez minutos.

O cargador está deseñado con tecnoloxía de 24V/1A, e con interface tipo USB-C. Conta con tres bombas de carga e a enerxía subministrada aos termianis pode converterse en 10V/24A. Esta axústase ás especificacións dos dispositivos xa existentes, e ten sido probada en termos de disipación de calor, garantindo a eficiencia íptima e unha maior seguridade.

Para minimizar os posíbeis perigos e riscos de seguridade derivados, o novo sistema de carga presentado por Oppo proporciona cinco medidas de seguridade estándar, e incorpora un chip de control intelixente que controla a voltaxe, a corrente e a temperatura de carga en todo momento.

Sobre o autor

Reply