Lowi aumenta de 100 a 300 Mbps a velocidade da fibra sen subir o prezo

Seguindo o movemento de MásMóvil de hai unha semanas, Lowi vén de anunciar a actualización das velocidades de fibra que ofrece nos seus paquetes converxentes, de maneria que tanto a clientela actual como a nova da tarifa que inclúe fibra de 100 Mbps e móbil con 10 GB poderá disfrutar de 300 Mbps de velocidad, sin que iso supoña un incremento no prezo da cota, de 29,95 €/mes.

A clientela actual pode solicitar esta actualización de velocidade a través da área privada da aplicación Mi Lowi, e o cambio non supón custes adicionais ou permanencia. O resto de tarifas converxentes mantéñense coas mesmas condicións actuais.

Na parte de móbil, a clientela de Lowi pode beneficiarse dun novo bono de gigas gratis por ser parte do programa de fidelización LOSdeLOWI, co que poderán disfrutar de 20 GB adicionais aos contratados na súa tarifa. Pódese activar até o 15 de abril, e poderase disfrutar até o día 30 do mesmo mes.

Sobre o autor

No Responses

Reply