Lowi aumenta significativamente os datos incluídos nas súas tarifas

Logo do incremento da velocidade de fibra de 100 a 300 Mbps da semana pasada, a operadora Lowi vén de anunciar agora novidades nas sús tarifas de móbil, con incrementos que chegan até os 65 GB de datos mensuais sen tocar os prezos.

Na oferta converxente, Lowi compite con tres opcións:

  • 300 Mbps + móbil con 10 GB e ilimitadas por 29,95 €/mes.
  • 300 Mbps + móbil con 50 GB e ilimitadas por 34,95 €/mes.
  • 600 Mbps + móbil con 50 GB e ilimitadas por 39,95 €/mes.

A todos estes plans se lles poden engadir liñas adicionais que van desde 2,95 € por chamadas ilimitadas e 5 GB de datos, até os 9,95 €/mes por 25 GB e chamadas ilimitadas.

No que ten que ver coas tarifas móbiles, a nova oferta de Lowi ofrece un incremento substancial na cantidade de datos incluídos:

  • 12 GB + ilimitadas por 7,95 €/mes (antes 8 GB).
  • 25 GB + ilimitadas por 11,95 €/mes (antes 16 GB).
  • 50 GB + ilimitadas por 14,95 €/mes (antes 28 GB).
  • 100 GB + ilimitadas por 19,95 €/mes (antes 35 GB).

Todos estes cambios están dispoñíbeis desde hoxe, tanto para a nova clientela como para a actual.

Sobre o autor

Reply