Oppo A96 4G, o novo gama media de Oppo

Oppo vén de deseñar na India un novo dispositivo, o Oppo A96 4G, un modelo de gama media que segue a estela de deseño dos modelos da compañía, e que destaca por incorporar un procesador Snapdragon 680 e unha cámara dual de 50 MP.

O novo modelo de Oppo leva un panel LCD de 6,59 polgadas, con resolución Full HD+ e frecuencia de 90 Hz. No seu interior, como xa avanzamos, o farbicante apostou por incorporar un procesador Qualcomm Snapdragon 680, xunto con 8 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

A cámara frontal é un sensor de 16 MP con f/2.0, e para a parte traseira o fabricante chinés apostou por unha solución de dobre lente, o principal de 50 MP con f/1.8, que está acompañado dun secundario de 2 MP con f/2.4.

O sistema operativo é Android 11, coa capa de personalización propia ColorOS 11.1, e leva un lector de pegadas dixitais no lateral. A conectividade vén dada por 4G e WiFi ac, ademais de Bluetooth 5.0 e USB-C e a súa batería é de 5.000 mAh con carga rápida de 30W.

Dispoñibilidade e prezo

Polo de agora, o novo Oppo A96 4G está dispoñíbel na India, onde se vende por un prezo ao cambio duns 240 €. O fabricante aínda non confirmou se este modelo chegará a venderse no noso país.

Sobre o autor

Reply