A operadora galega R, pertencente ao Grupo MásMóvil, vén de anunciar novidades na súa oferta converxente, mellorando o seu prezo, ao tempo que tamén engade a posibilidade de engadir unha liña adicional desde 3 € ao mes. Ademais, nos combos Infinitos, a compañía ofrece servizos como DAZN de agasallo durante 3 meses ou o 50% de desconto na cota mensual de Netflix.
As novas altas na compañía poderán escoller entre catro combos, que son os seguintes:
- Fibra 300 megas + tarifa móbil ilimitada con 10 GB por 35 €/mes (durante 12 meses, logo 39 €/mes).
- Fibra 300 megas + tarifa móbil ilimitada con 30 GB por 39 €/mes (durante 12 meses, logo 49 €/mes).
- Fibra 300 megas + chamadas e xigas sen límite + Agile TV (Deco 4K) por 49 €/mes (durante 12 meses, logo 59 €/mes).
- Fibra 1 xiga + 2 liñas con chamadas e xigas sen límite + Agile TV (Deco 4K) + Netflix HD por 59 €/mes (12 meses, logo 79 €/mes).
Ademais, para todos os combos ofrécese o aumento de velocidade de Internet a 1 xiga simétrico polo mesmo prezo durante 3 meses. De querer continuar con esta velocidade, a partir do terceiro mes habería que aboar 10 €/mes adicionais.
Ao tempo, R tamén ofrece unha mellora substancial na liña adicional que se queira contratar xunto coa liña principal, de maneira que a clientela poderá elixir entre as seguintes opcións para a súa primeira liña adicional (todas elas con chamadas ilimitadas):
- 10 ou 30 GB por 3 €/mes nos combos sen TV.
- Datos ilimitados por 3 €/mes nos combos con TV.
- Datos ilimitados a 0 €/mes no combo Infinito Netflix.
Servizos de streaming de balde e redución da permanenica
R tamén quere potenciar os servizos de streaming adicionais, de maneira que tanto a actual clientela como a nova con combos infinitios poderán gozar do servizo DAZN de agasallo durante 3 mess, o que permite acceder ás competicións do motor (Fórmula 1, motos GP), ademais de tenis, baloncesto, boxeo ou fútbol.
Por outra banda, R tamén reduce a permanencia a 3 meses.