O2, a segunda marca do Grupo Telefónica, vén de estrar nova tarifa para a chamada zona regulada, un plan converxente máis económico ca o que o único que tiña – e mantén – até o de agora, que ofrece fibra 600 Mbps con telefonía e fixa e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 30 GB por 50 €.
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) supervisa as tarifas comercializadas polas marcas do Grupo Telefónica, co obxectivo garantir a competencia efectiva no mercado, para o que establece dúas zonas: zona libre (aproximadamente o 70% da poboación do estado), onde existen cando menos tres redes de fibra, e zona regulada.
A nova tarifa inclúe unha liña de fibra con 300 Mbps, fixo e móbil con chamadas e mensaxes ilimitadas e 10 GB de datos por 43 € ao mes, ao tempo que tamén se mantén a opción de contratar unicamente fibra e fixo – só a opción de 300 Mbps – por 38 €/mes.
Polo tanto, a oferta de O2 na zona regulada para servizos de fibra e combinados fibra – móbil redúcese a tres opcións:
- Fibra 600 + móbil 30 GB por 50 €/mes.
- Fibra 300 + móbil 10 GB por 43 €/mes.
- Fibra 300 por 38 €/mes.
Na zona libre – non regulada – a clientela de O2 pode optar polos seguintes plans:
- Fibra 100 + móbil 10 GB por 30 €/mes.
- Fibra 300 + móbil 25 GB por 38 €/mes.
- Fibra 500 + móbil 30 GB por 43 €/mes.
- Fibra 600 + móbil 60 GB por 50 €/mes.
O que non cambia no conxunto do territorio son os plans de móbil, onde O2 ofrece dúas alternativas:
- Chamadas e SMS ilimitados con 10 GB por 10 €/mes.
- Chamadas e SMS ilimitados con 30 GB por 20 €/mes.