O fabricante realme anunciou na China o realme GT Neo 3, o seu novo smartphone da serie GT, que destaca entre as súas especificacións por contar coa carga rápida – até o de agora – máis rápida do mundo, de 150W, coa que consegue un 50% da carga en tan só 5 minutos. Ademais, o teléfono foi premiado coa certificación TÜV Rheinland para a carga segura, grazas ás 38 medidas de seguridade que incorpora.
Máis aló desta característica diferencial, o GT Neo 3 tamén é un dos primeiros smartphones que inclúen o procesador MediaTek Dimensity 8100, que destaca polo seu rendemento e o aforro de enerxía. Este chip está fabricado en 5 nanómetros, e conta con catro núcleos CortexA78 a 2,85GHz e outros catro a CortexA55 a 2,0GHz.
A súa pantalla é un panel AMOLED de 6,7 polgadas con resolución Full HD+, taxa de refresco de 120 Gz e certificación HDR 10+. Leva un sistema de triple cámara, cun sensor principal Sony IMX766 con resolución de 50 MP, que vai acompañado dun lente gran ultra-ancho de 8 MP e un lente macro de 2 MP.
Dispoñibilidade e prezo
O realme GT Neo 3 xa está á venda na China por uns 290 € ao cambio, e aínda que o fabricante non confirmou cando chegará a Europa, si que adiantou que o fará cunha sorpresa.