Vodafone anuncia CarConnect, o seu novo produto IoT para o coche conectado

Vodafone anunciou onte CarConnect, a súa nova solución para o coche conectado. Trátase dun dispositivo que integra unha Smart SIM con datos que proporciona WiFi a través de conexión 4G, ao tempo que informa da localización GPS e o estado do vehículo, enviando alertas a través de mensaxes e chamadas automáticas. Así mesmo, tamén ofrece ofertas personalizadas, como descontos en gasolineras e restaurantes.

Para sacarlle todo o partido a este novo servizo, Vodafone lanza tamén a aplicación homónima, que ofrece unha gama de funcionalidades destinadas a facer as viaxes máis seguras e mellor conectadas. O dispositivo en si, non require unha comple instalación, xa que simplemente hai que conectalo ao porto OBD do coche (conector) que inclúen todos os vehículos fabricados desde o 2003), e dependendo da marca e modelo do vehículo, nalgúns casos é recomendábel utilizar un cable extensor para poder ocultalo.

A aplicación permite ás usuarias acceder a toda a información sobre o vehículo, como a ubicación exacta ou os dispositivos que están conectados á rede WiFi. Así mesmo, tamén ofrece indicadores moi interesantes que axudarán a mellorar a información da viaxe e a súa seguridade.

Así, as usuaras poden comprobar rapidamente se o vehículo está acceso e ten conexión móbil, así como a previsión do tempo detallada por horas e días. Tamén inclúe unha puntuación de conducción chamada DriveSocring, que axudará a mellorar as habilidades como condutores, asignando unha puntuación por viaxe baseándose en indicadores medíbeis, tales como aceleróns ou desaceleróns bruscas, xiros inesperados ou o tempo que se conduce superando a velocidade límite.

O novo servizo de Vodafone tamén inclúe CarConnect Alarm Assistant, un sistema seguro de notificación de alertas mediante o cal infórmase ao cliente a través dunha notificación no móbil de calquera anomalía no vehículo e, en caso de non ter confirmación de lectura, envía un SMS ou realiza unha chamada automática.

Prezo e dispoñibilidade

CarConnect xa está á venda para todas as usuarias, sexan ou non de Vodafone. As usuarias da compañía vermella poden adquirilo en tendas físicas, na web ou na app Mi Vodafone por 36 € para pago único cunha cota mensual de 2,50 €, ou ben con pago a prazos por 4 €/mes durante 24 meses, e despois a razón de 2,50 €/mes por suscrición.

O resto de usuarias pódeno mercar en tendas físicas e na e-shop de Vodafone por 50,90, cun prezo de suscrición de 2,50 €/mes.

Sobre o autor

Reply