O TCL 30E ponse á venda no noso país

Logo de ter sido presentado durante o pasado Mobile World Congress de Barcelona, o TCL 30E ponse á venda no noso país. Trátase dun modelo de gama entrada asequíbel, que pese a situarse por baixo da barreira dos 150 euros conta entre as súas especificacións con especificacións a destacar, como unha cámara dual de 50 MP ou unha pantalla de 6,54 polgadas.

En efecto, a súa cámara é un dos elementos que máis chama a atención na folla de especificacións deste modelo. O sensor dual de 50 MP dispón dun sistema de enfoque rápido PDAF, e usa a intelixencia artifical para os retratos co efecto bokeh (desenfocado do fondo), así como tamén para recoñecer até 22 escenas diferentes, adaptando o disparo ás mesmas para conseguir un mellor resultado.

A súa batería é de 5.000 mAh de capacidade, que asegura – segundo o fabricante – unha autonomía de 2 días para un uso activo. No seu interior integra un procesador de oito núcleos G25, xunto con 3 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, que se pode ampliar con tarxetas microSD de até 512 GB de capacidade. Ademais, o uso de tarxetas de memoria non elimina a segunda SIM, como ocorre en moitos modelos.

A súa pantalla é un panel NXTVISION de 6,52 polgadas con resolución HD+, cunha relación de aspecto de 20:9 e unha relación pantalla – corpo do 89,1%. Leva un pequeno notch para albergar a cámara frontal, e ademais incorpora un modo especializado en lectura e confort ocular, que produce menos fatiga ocular.

Dispoñibilidade e prezo

O novo TCL 30E xa se pode mercar no noso país a través das canles habituais, cun prezo de 149 euros en cores como Space Grey e Atlantic Blue (gris e azul).

Sobre o autor

Reply