O Oppo A76 ponse á venda no noso país por 239 €

Oppo vén de anunciar a chegada ao noso país dun novo terminal da súa serie A, o Oppo A76, un modelo que conta co acabado Oppo Glow do fabricante chinés e que, malia o seu prezo contido, destaca por incorporar algunhas características reseñábeis.

O Oppo A76 leva unha pantalla de 6,56 polgadas, con resolución HD+ (1612 x 720 píxeles), taxa de refresco de 90 Hz e unha frecuencia de mostreo táctil de 180 Hz. No seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 680, fabricado en 6 nm e con oito núcleos a 2,4 GHz. Xunto a el, 4 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 1 TB de capacidade.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal, traseira, formada por dous sensores, un de 13 MP con f/2.2, e outro de 2 MP con f/2.4, mentres que na parte frontal temos unha cámara de 8 MP con f/2.0. Ambas as dúas cámaras teñen capacidade de gravación de vídeo a 1080P e 30 fps.

A batería do novo Oppo A76 é de 5.000 mAh, con carga rápida SuperVOOC de 33W. Dispón de NFC, Bluetooth 5.0, lector de pegada dixital lateral e desbloqueo facial, saída de auriculares jack 3.5, resistencia contra pó e salpicaduras IP54 e Android 11, coa capa de personalización ColorOS 11.1

Dispoñibilidade e prezo

O novo Oppo A76 xa se pode mercar no noso país, tanto a través da tenda en liña do fabricante como nas diferentes tendas especializadas. Está dispoñíbel en negro (Glowing Black) e azul (Glowing Blue) por 239 €.

Sobre o autor

Reply