OnePlus estrea o OnePlus Nord N20 no segmento dos 300 euros

OnePlus vén de dar a coñecer o novo OnePlus Nord N20 5G, un novo modelo de smartphone de gama media no marxe dos 300 euros, e que ofrece unhas características bastante interesantes, ademais dun coidado deseño que lembra a terminais máis premium.

O novo dispositivo do fabricante chinés conta cunha pantalla AMOLED de 6,53 polgadas con resolución FullHD+ e taxa de refresco de 60 Hz, que ademais tamén inclúe lector de pegadas dixitais. No seu interior incorpora o procesador Qualcomm Snapdragon 695, ademais de 6 GB de memoria RAM e unha capacidade interna de memoria de 128 GB.

Dispón dunha cámara traseira formada por un conxunto de 3 sensores, sendo o principal de 64 MP. Xunto a este, temos un lente monocromo de 2 MP e un sensor macro de 2 MP. Na parte frontal, completan a sección fotográfica unha cámara de 16 MPque destaca por incluír o estabilizador óptico.

A batería é de 4.500 mAh de capacidade, con carga rápida de 33W, e a conectividade inclúe Wifi ac, Bluetooth 5.0 e conectividade móbil 5G, achegando esta tecnoloxía a un modelo máis económico.

Dispoñibilidade e prezo

O novo OnePlus Nord N20 5G ponse á venda inicialmente por uns 260 euros ao cambio nos Estados Unidos, onde se poderá adquirir a partir do 28 de abril. As previsións apuntan a que proximamente coñeceremos a súa dispoñibilidade en Europa.

Sobre o autor

One Response

  1. Mondoxíbaro 21 Abril, 2022 Responder

Reply