A operadora Vodafone vén de asinar un acordo maiorista con Adamo, principal operador de fibra no rural, o que permite á compañía acceder á infraestrutura desta compañía para ofrecer os seu servizos fixos e converxentes no rural, á vez que promove un modelo de inversión máis eficiente e sostíbel e multiplica as alternativas para as usuarias con cobertura de Adamo.
A través deste acordo, Vodafone pode acceder á fibra d Adamo en máis de un millón de unidades inmobiliarias xa despregadas, mais tamén aos futuros despregamentos das redes de banda larga fixa ultrarrápida de Adamo, cuxo obxectivo é chegar até os 3,2 millóns de fogares nos próximos 2 anos.
Este acordo redundará tamén en beneficio das usuarias, que terán ao seu alcance unha maior cobertura e alternativas en redes ultrarrápidas, ademais de un maior acceso aos servizos asociados á dixitalización. Na actualidade, a rede de fibra de Vodafone acada 27,6 millóns de unidades inmobiliaras a través de redes propias e acordos maioristas.
Pola súa banda, para Adamo, este acordo con Vodafone vén a reforzar a súa estratexia maiorista, onde presta xa os seus servizos de conectividade a través da súa rede FTTH a máis de 200 operadores locais e os catro principais operadores estatais.