Mi Movistar, as tarifas modulares que xubilan Fusión

Desde hai unhas semanas viñamos escoitando rumores arredor das novas tarifas de Movistar para substituir a Movistar Fusión, o emblemático produto de Telefónica que supuxo no seu día a converxencia de servizos nunha única tarifa. Estas novas tarifas son agora oficiais, chámanse Mi Movistar, e apostan por prezos algo máis contidos e a modularidade á hora de configurar a oferta.

O plantexamento da operadora é o de dar flexibilidade á súa clientela, para o que aposta por ofrecer tres tarifas base converxentes ás que se poden ir engadindo outros servizos que van máis aló da conectividade, abranguendo campos como os do entretemento, as finanzas, a seguridade no fogar ou a saúde, nos que Movistar xa leva tempo ofrecendo produtos en colaboración con outras empresas.

A oferta base de conectividade ofrece tres alternativas:

  • Movistar Max+ (54,90 €/mes): fibra simétrica de 300 Mbps + teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos + unha liña móbil con chamadas e SMS ilimitados e 30 GB de datos + TV Movistar Plus+ Inicia con TDT, #0 e #Vamos, decodificador TDT 4K con acceso á grabación dos últimos 7 días.
  • Movistar Ilimitado (69,90 €/mes): fibra simétrica de 1 Gbps + teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos + unha liña móbil con chamadas, SMS e datos ilimitados + TV Movistar Plus+ Inicia con TDT, #0 e #Vamos, decodificador TDT 4K con acceso á grabación dos últimos 7 días.
  • Movistar Ilimitado x2 (84,90 €/mes): fibra simétrica de 1 Gbps + teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos + dúas (2) liñas móbiles con chamadas, SMS e datos ilimitados + TV Movistar Plus+ Inicia con TDT, #0 e #Vamos, decodificador TDT 4K con acceso á grabación dos últimos 7 días.

A estes servizos pódense engadir liñas móbiles adicionais:

  • Liña L (7,90 €/mes) con 8 GB + ilimitadas.
  • Liña XL (14,90 €/mes) con 30 GB + ilimitadas.
  • Liña Infinita (19,90 €/mes) con datos e chamadas ilimitadas.

A partir desa oferta, pódens engadir diferentes opcións con televisión, aínda que é preciso ter en conta que para desfrutar dos paquetes adicionais é necesario ter contratado, como mínimo, o paquete Movistar+ Esencial.

  • Movistar+ Esencial (10 €/mes): Cine, series e 80 canles temáticas.
  • Ficción (15 €/mes): Cine, series, Disney+.
  • Ficción con Netflix (25 €/mes): Cine, series, Disney+, Netflix x2.
  • Todo el fútbol (43 €/mes): Fútbol, Liga de Campeones, LaLiga.
  • Champins League (20 €/mes).
  • LaLiga (30 €/mes).
  • Deportes (18 €/mes(: Deportes, DAZN, Golf.

En canto ao resto de servizos, MiMovistar ofrece os seguintes plans:

  • Movistar Prosegur Alarmas (39,90 €/mes).
  • Movistar Prosegur Alarmas Avanzado (49,90 €/mes).
  • Movistar Prosegur Alarmas Avanzado Ext (62 €/mes).
  • Movistar Salud (Persoal): 6,95 €/mes.
  • Movistar Salud (Familiar: 10,95 €/mes.
  • Internet Segunda Residencia (Máx): 21,99 €/mes.
  • Internet Segunda Residencia (Limitado): 15 €/mes.
  • Internet Segunda Residencia Plus (Máx): 36,99 €/mes.
  • Internet Segunda Resdienciaa Plus (Limitado): 30 €/mes.
  • Xbox Game Pass Ultimate: 12,99 €/mes.

Toda a oferta dos novos produtos Mi Movistar está dispoñíbel tanto para a nova clientela como para os clientes actuais da compañía desde hoxe. Ademais, a operador habilitou na súa páxina web un configurador que permite calcular o prezo creando a oferta á carta

Sobre o autor

Reply