Simyo reacciona á perda de clientes e sube a franquía de “gigas” até os 100

Tras varios meses consecutivos perdendo clientes, Simyo vén de reaccionar anunciando novas tarifas de móbil, que estarán dispoñíbeis tanto para as actuais como as novas clientas a partir do próximo 31 de maio. Deste modo, a marca de baixo custe de Orange simplifica a súa oferta e a fai máis atractiva, aumentando significativamente a franquía de gigas que ofrece.

Os plans que se actualizan son os que teñen chamadas ilimitadas, que se resumen nestas catro propostas:

  • Ilimitadas + 12 GB por 7,50 €/mes (até o de agora 7 GB).
  • Ilimitadas + 20 GB por 10 €/mes (até o de agora 14 GB).
  • Ilimitadas + 40 GB por 14 €/mes (até o de agora 25 GB)
  • Ilimitadas + 100 GB por 20 €/mes (até o de agora 35 GB).

Todas estas tarifas son compatíbeis co servizo de acumulación de gigas non consumidos, de maneira que aqueles datos non consumidos poderán usarse até tres meses consecutivos.

Sobre o autor

Reply