Fire 7 2022, a nova versión da tablet barata de Amazon

Amazon vén de anunciar na súa tenda a nova tablet Amazon Fire 7 2022, o seu modelo de tablet máis económico, que como xa vén sendo habitual, comercialízase con dúas opcións de memoria e tamén coa posibilidade de adquirila máis barata a cambio de recibir publicidade no salvapantallas.

A pantalla é un panel IPS de 7 polgadas con resolución qHD+ (1024 x 600 píxeles) e taxa de refresco de 60 Hz. No seu interior dispón dun procesador MediaTek MT8168V/B de catro núcleos a 2.0 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 16 ou 32 GB de capacidade interna.

No apartado das cámaras, tanto a frontal como a traseira son de 2 megapíxeles, e a conectividade vén dada pola WiFi 5 e Bluetooth. Dispón dunha batería que ofrece até 10 horas de autonomía de uso de pantalla, e a carga é de 5W, a través de USB-C.

O seu sistema operativo é FireOS, baseado en Android, aínda que non ten acceso aos servizos de Google e, polo tanto, tampouco dispón da tenda de aplicacións Google Play. Porén, podemos descargar aplicacións Android que non están dispoñíbeis na tenda de apps que nos ofrece Amazon a través dos diferentes respositorios e instalalos manualmente.

Dispoñibilidade e prezo

A nova tablet de Amazon chegará ao noso país o próximo 29 de xuño, pero xa se pode adquirir en prevenda. En canto a prezos, dependerá tanto da capacidade da memoria como se a adquirimos con ou sen publicidade:

  • 2+16 GB (con publicidade): 79.99 euros.
  • 2+32 GB (sen publicidade): 94.99 euros.
  • 2+16 GB (con publicidade): 89.99 euros.
  • 2+32 GB (sen publicidade): 104.99 euros.

Sobre o autor

Reply