Vodafone comercializa fibra óptica en 31 novos lugares de Galiza

A operadora Vodafone vén de anunciar o despregamento dos seus servizos de fibra e televisión en 31 novos concellos e lugares de Galiza, ubicados na provinca de Lugo, froito do recente acordo asinado con Adamo.

Isto permite ás persoas afectadas acceder aos servizos converxentes de Vodafone, que conta con fibra óptica de até 1 Gbps e televisión, con 5G e datos ilimitados no móbil. Así, por exemplo, as usuarias máis exixentes poden acceder á oferta de Vodafone Hogar Ilimitable, que inclúe a conectividade máis completa con 2, 3 ou 4 liñas de móbil ilimitadas a máxima velocidade 5G. Ademais, a operadora extendeu a toda a súa clientela o servizo de WiFi 6, co router Vodafone WiFi 6 Station, que multiplica por 4 a velocidade da WiFi e permite conectar até 120 dispositivos de maneira simultánea. Ambos servizos están incluídos nas tarifas Vodafone One Ilimitable de 1 Gbps.

Os novos concellos e lugares que acceden aos servizos de Vodafone son: A Rilleira (Barreiros), A Seara (Alfoz), Árbol (Vilalba), Begonte, Benquerencia (Barreiros), Burela, Cervo, Covas (Viveiro), A Fonsagrada, Foz, Fazouro, Ferreira do Valadouro, Galdo, Guillar (Outeiro de Rei), Meira, Mondoñedo, Morás (Xove), Outeiro de Rei, Rábade, Ribadeo, Rigueira (Xove), Rinlo (Ribadeo), San Cibrao (Barreiros), San Cosme (Barreiros), San Miguel (Barreiros), Santiago de Reinante (Barreiros), Vilalba, Vilanova de Lourenzá, Vilaronte (Foz), Viveiro e Xove. Todos esles están na provincia de Lugo.

Na actualidade, a rede de fibra de Vodafone en Galiza proporciona acceso a 1,4 millóns de unidades inmobiliarias, e a 27,6 millóns de unidades inmobiliarias no conxunto do Estado, incluíndo fibra propia e acordos maioristas.

Sobre o autor

Reply