O Samsung Galaxy M13 chega ao noso país

Samsung anunciou onte a chegada ao noso país do novo terminal Samsung Galaxy M13, un dispositivo que conta cun deseño renovado, cámara principal de 50 MP e unha gran pantalla de 6,6 polgadas. O trebello está chamado a continuar o éxito que a serie Galaxy M foi colleitando nos últimos anos, en boa medida grazas á aposta por situarse nuns prezos contidos.

Como xa adiantamos, o Galaxy M13 vén con pantalla Infinity-V de 6,6 polgadas con resolución FHD+, relación de aspecto 20:9 e taxa de refresco de 60 Hz. Para rematar a experiencia multimedia, é compatíbel co sistema de son Dolbt Atmos en auriculares con cable e Bluetooth.

No seu interior, atopámonos cun procesador fabricado pola propia Samsung, o Exynos 850, un procesador octacore a 2.0 GHz. Xunto a el, temos 4 GB de RAM e opcións de memoria de 64 ou 128 GB. Outro dos aspectos que destaca Samsung neste modelo é a súa batería, de 5.000 mAh de capacidade, con carga de 15W.

No aspecto fotográfico temos unha configuración de triple cámara traseira, formada por un sensor principal de 50 MP, un lente gran angular de 5 MP con campo de visión de 123 graos e un lente de profundidade de 2 MP para mellorar as tomas rapidamente. Ademais, dispón dunha cámara frontal de 8 MP.

Dispoñibilidade e prezo

O Samsung Galaxy M13 estará dispoñíebl en tres cores, verde (Green), azul (Light Blue) e dourado (Pink Gold) a partir do próximo 6 de xuño online, podéndose mercar a través de Amazon, PC Componentes e a web de Samsung.

Custará 209 euros a versión de 4 + 64 GB, e 239 € a de 4 + 128 GB. Pola pouca diferenza de prezo, desde Mallando no Android recomendamos apostar pola de maior capacidade.

Sobre o autor

Reply