A operadora Vodafone vén de anunciar o despregamento da súa rede 5G real en 51 praias de Galiza, co obxectivo de poder ofrecer a mellor conectividade de datos en zonas turísticas do noso país, para beneficio tanto da veciñanza habitual como das persoas que se achegan a estes lugares.
A medida forma parte da ampliación da rede de 5G real na frecuencia de 700 MHZ coa que Vodafone pretende chegar aos 81 concellos de Galiza que adiantamos hai unhas semanas, e grazas a ela a operadora maximiza a cobertura, conseguindo unha velocidade de acceso tres veces superior, menor latencia e a posibilidade de ter un maior número de dispositivos conectados de maneira simultánea.
As praias beneficiadas por esta medida son:
Las playas que contarán con 5G en Galicia son:
- Provincia da Coruña (praias de Miño, Muros, Oleiros, A Pobra do Caramiñal e Sada): Pequena, Grande, Esteiro, San Francisco, Area Maior, Bastiagueiro, Espiñeiro, Santa Cristina, Santa Cruz, Mera, Arenal, Cabío, Lombiña, Raposiños, Corna, Cirro, San Pedro e Sada.
- Provincia de Lugo (praias de Foz): Area da Fame, AreaLonga, As Insuas, Liás, Orxal, Pampillosa, Rapadoira, San Pedro de Cangas, Tupide, Xuncos, Os Fondas, Peizás e Sarrido.
- Provincia de Pontevedra (praias de Baiona, Marín, Nigrán, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa): Barbeira, Ribeira, Santa Marta, Ladeira, Aguete, Loira, Mogor, Portocelo, Panxón, Praia América, Patos, Areas, Baltar, Canelas, Nanín, Silgar, Montalvo, Muxeira, Cobas e Ensenada de Vilaboa.
Ademais de Galiza, Vodafone vén de despregar as súas redes 5G real en outras zonas costeiras onde prevé unha maior concentración de persoas durante o verán, incluíndo concellos de Asturias (47 praias), Baleares, Cantabria, Catalunya (217), Comunitat Valenciana, Andalucía (221), Euskadi e a Rexión de Murcia (91).