Levaba moito tempo falándose do asunto, mais agora por fin será unha realidade. O Parlamento Europeo aprobará que o USB-C será o sistema de carga que deberán ter todos os dispositivos portátiles a partir de outono de 2024, un acordo que ten por obxectivo reducir o lixo electrónico.
A medida afecta non só a smartphones e tablets, senón tamén a cámaras dixitais, altofalantes, portátiles, consolas ou ebooks, entre outros. Se hai unha marca afectada por esta medida é Apple: a compañía afastouse da tendencia das diferentes marcas de ir adoptando a conexión USB-C (agás no iPad Pro), apostando por manter o conector propietario lightning.
A nova lexislación fixa tamén que serán as compradoras – e non os fabricantes – as que decidan se adquiren ou non o seu dispositivo con cargador, e que a carga rápida deberá ser estándar, e polo tanto, todos os dispositivos que a soporten deberán cargarse coas mesmas velocidades cos mesmos cargadores.
Máis información | Parlamento Europeo