Non sempre as mellores ofertas son para os de fóra, e boa mostra diso é a nova proposta de Lowi. A marca de baixo custe do grupo Vodafone dispón de dúas tarifas que son exclusivas para as persoas que xa son clientes dos seus servizos, e que afectan tanto aos produtos converxentes como aás liñas adicionais.
Deste xeito, Lowi está a ofrecer unha tarifa con 600 Mbps de fibra e unha liña móbil con 100 GB e chamadas ilimitadas por 42,95 €, apenas tres euros máis que a oferta para novos clientes, que dispón da mesma velocidade de fibra pero que limita a franquía de datos a 50 GB.
Para completar esta tarifa, Lowi permite contratar unha liña adicional con 100 GB e chamadas ilimitadas por 14,95 €, o que supón un desconto do 25% sobre o prezo habitual desta tarifa na súa modalidade “só móbil”.
As persoas que xa sexan usuarias de Lowi poden acceder a estas tarifas desde a aplicación de Lowi ou chamando ao 121.