Samsung Pay actualízase a Samsung Wallet para converterse na carteira dixital definitiva

Samsung iniciou esta semana a migración da súa aplicación de pago móbil, Samsung Pay, cara Samsung Wallet, unha nova plataforma que permite ás usuarias dos dispositivos Galaxy organizar as súas chaves dixitais, tarxetas de embarque, tarxetas de identificación e de pago, ademais de contrasinais, entre outras moitas funcións.

A través dunha interface intuitiva,, Samsung Wallet ofrece acceso ás tarxetas de pago, de fidelidade e membresía cun só toque, e incorpora a funcionalidade de Samsung Pass, que almacena de forma segura os contrasinais e verifica a identidade das usuarias a través dos seus datos biométricos para iniciar sesión en aplicacións e servizos.

Wallet tamén é compatíbel coas chaves dixitais de automóbiles (de momento para determinados modelos de BMW), permitindo ás usuarias abrir e pechar os coches, ademais de acender os móbiles, e a xestión de tarxetas de embarque (nun primeiro momento, con Korean Air).

A seguridade da aplicación vén dada por Samsung Knox, que nos últimos anos converteuse nun dos sistemas de referencia para a seguridade nos dispositivos móbiles, xa que conta cun nivel de seguridade de defensa. As prtoteccións inclúen o recoñecemento da pegada datilar e o cifrado que resgarda os datos sensíbeis, para que só o propietario do dispositivo poida acceder á súa información importante.

A actualización da aplicación estase a facer de maneira gradual, chegando con esta actualización a seis mercados: España, Francia, Alemania, Italia, Reino Unido e os Estados Unidos.

Sobre o autor

Reply