Ponse á venda o ZTE Axon 40 Ultra en Europa a partir de 829 euros

O fabricante chinés ZTE anunciou esta semana a posta á venda a nível mundial do seu novo buque insignia, o ZTE Axon 40 Ultra. Trátase dun dispositivo que aposta por un frontal dominado por unha pantalla curvada cara os laterais, con marcos mínimos e unha cámara frontal agochada baixo a pantalla, que ademais incorpora o procesador máis potente de Qualcomm até o de agora, o modelo Snapdragon 8 Gen 1.

Como avanzamos, o ZTE Axon 40 Ultra destaca pola súa pantalla. Estamos a falar dun panel AMOLED fabricado por Samsung, cun tamaño de 6,8 polgadas e resolución FHD+ (1116 x 2480 píxeles), que se curva cara os laterais.

Entre os seus puntos fortes están o seu amplo nível de brillo – acadando os 1.500 nits – e por contar cunha cobertura de cor do 100% da gama de cores DCI-P3, con profundidade de cor de 10 bit e unha visualización extrema de 1,07 millóns de cores. Ademais, conta cunha taxa de refresco de 120 Hz, e unha frecuencia de mostreo táctil de 360 Hz.

Tamén destaca o seu sistema de cámaras, actualizado para ofrecer ás usuarias un sistema de triple cámara “Trinity”, composto por un lente principal de 64 MP, unha cámara ultra gran angular de 64 MP, e unha cámara periscópica, tamén de 64 MP. Incorporan ademais un sistema de enfoque que permite pre-establecer o enfoque en cada un dos sensores, para así reducir significativamente o tempo necesario para enfocar e tomar a fotografía. En canto ao vídeo, a cámara principal soporta gravación en calidade até Ultra HD 8K, co que se poderán tomar vídeos cunha nitidez extrema.

Se nos referimos á cámara frontal, que como xa comentamos fica agochada baixo a pantalla, ZTE apostou por un sensor de 16 MP, do que non compartiu moita máis información.

A autonomía do novo ZTE Axon 50 Ultra vén dada por unha ampla batería de 5.000 mAh de capacidade, que ademais soporta carga rápida de 65 W. Isto permítelle ás usuarias pasar do 0 ao 100% da carga do teléfono en algo menos de 50 minutos.

Completando a ficha técnica do ZTE Axon 40 Ultra destaca a presenza do lector de pegadas dixitais tamén baixo a pantalla, as diferentes opcións de conectividade (5G, WiFi 6E, Bluetooth 5.2, NFC, USB-C, …), así como tamén a aposta polo son, cun sistema de dobre altofalante con DTS:X Ultra e sistema Hi-Fi.

Accelerometer, Proximity, Light, Compass, Gyroscope

Dispoñibilidade e prezo

O novo ZTE Axon 40 Ultra está á venda a través da web de ZTE de maneira global, cun prezo e 829 € na versión de 8 + 128 GB e de 949 € na de 12 + 256 GB.

Sobre o autor

Reply