LG anuncia os seus novos portátiles ultralixeiros LG Gram 2022 e o monitor portátil +View

LG anunciou estes días o seu novo catálogo de portátiles premium ultralixeiros LG Gram, así como tamén un novidoso monitor portátil, +View, deseñados para ofrecer ás usuarias unha boa experiencia para teletraballo, ademais de ofrecer lixeireza, produtividade e autonomía.

A nova gama de LG Gram chega con 6 novos modelos: Gram 17, Gram 16, Gram 15, Gram 14 e dous modelos Gram 2-en-1. Cada un deles ofrece un potente rendemento grazas aos seus procesadores Intel Core de 12ª xeración, ao tempo que melloran os seus SSD ao último NVme Gen4 e inclúen unha RAM LPDDR5 de baixo voltaxe, capaz de acadar un rendemento un 22% superior aos modelos de 2021.

Os modelos de 17 e 16 polgadas contan cunha experiencia de pantalla superior, grazas aos seus paneis IPS 2560 x 1600 WQXGA 16:10, capaces de reproducir imaxes vibrantes e nítidas con alto brillo, 99% de DCI-P3 e tecnoloxía anti-reflexos, mellorando a experiencia con independencia das condicións de luz ambiental.

A seguridade vén dada pola tecnoloxía LG Glance de Mirametrix, unha solución software que emprega a intelixencia artificial para reforzar dita seguridade, bloqueando a pantalla cando as usuarias se afastan da pantalla ou difuminando o contido se detecta a alguén mirando por riba do seu ombreiro. Ademais, dispón de login-facil a través da súa webcam Full HD integrada, que tamén ofrece unha boa experiencia para videoconferencias.

Os modelos 2-en-1, dispoñíbeis en 14 e 16 polgadas, poden pasar de PC portátil a tablet en apenas uns segundos, e inclúen aplicacións de debuxo e notas preinstaladas, optimizadas para sacarlle todo o partido ao LG Stylus Pen (Wacom AES 2.0).

Pola súa banda, a LG +View chega como un gran complemento para o posto de teletraballo máis versátil. Trátase dun monitor portátil de 16 polgadas cunha funda independente que se conecta vía USB-C para expandir o posto de traballo dixital. Pode colocarse tanto en horientación horizontal como vertical, e ten unha resolución de 2560 x 1600 píxeles, sendo capaz de reproducir o 99% DCI-P3.

Dispoñibilidade, prezos e cadro de características

Os modelos LG Gram teñen un prezo de partida de 1.119 €, mentres que o monitor portátil +View pode adquirirse por 349 €.


LG GRAM 14Z90QLG GRAM 15Z90QLG GRAM 16Z90QLG GRAM 17Z90QLG GRAM 16T90Q
DIMENSIÓNS312 x 213,9 x 16,8 mm
999 g
356,1 x 222,9 x 17,4 mm
1,132 kg
354,5 x 242,1 x 16,8 mm
1,1 kg
378,8 x 258,8,5 x 17,7 mm
1,3 kg
356,6 x 248,3 x 16,95 mm
1,34 kg
PANTALLAIPS/LCD de 14″
WUXGA (1.920 x 1.200 px)
350 nits
IPS/LCD de 15,6″
WQXGA (2.560 x 1.600 px)
350 nits
IPS/LCD de 16″
WQXGA (2.560 x 1.600 px)
350 nits
IPS/LCD de 17″
WQXGA (2.560 x 1.600 px)
350 nits
IPS/LCD táctil de 16″
LG Stylus Pen
WUXGA (2.560 x 1.600 px)
300 nits
Gorilla Glass Victus
PROCESADORIntel Core i5-1240P/i7-1260PIntel Core i5-1240P/i7-1260PIntel Core i5-1240P/i7-1260PIntel Core i5-1240P/i7-1260PIntel Core i7-12800HE
T. GRÁFICAIntel Iris XeIntel Iris XeIntel Iris XeIntel Iris XeIntel Iris Xe
MEMORIA RAM8/16/32 GB LPPDR5 – 5.200 MHz8/16/32 GB LPPDR5 – 5.200 MHz8/16/32 GB LPPDR5 – 5.200 MHz8/16/32 GB LPPDR5 – 5.200 MHz8/16/32 GB LPPDR5 – 5.200 MHz
ALMACENAXE512GB M.2 (NVMe Gen.4)512GB M.2 (NVMe Gen.4)1 TB M.2 NVme1 TB M.2 NVme1 TB M.2 NVme
S.O.Windows 11 Home Edition (64bit)Windows 11 Home Edition (64bit)Windows 11 Home Edition (64bit)Windows 11 Home Edition (64bit)Windows 11 Home Edition (64bit)
BATERÍA72 Wh
Hasta 18,5 horas
80 Wh
Hasta 17,5 horas
80 Wh
Hasta 16,5 horas
80 Wh
Hasta 16 horas
80 WH
Hasta 16 horas
CONECTIVIDADEIntel WiFi 6 AX211
10/100/Gigabit con adaptador RJ45
Bluetooth 5.1
Intel WiFi 6 AX211
10/100/Gigabit con adaptador RJ45
Bluetooth 5.1
Intel WiFi 6 AX211
10/100/Gigabit con adaptador RJ45
Bluetooth 5.1
Intel WiFi 6 AX211
10/100/Gigabit con adaptador RJ45
Bluetooth 5.1
Intel WiFi 6 AX211
10/100/Gigabit con adaptador RJ45
Bluetooth 5.1
PORTOSRanura UFS/MicroSD 3.0
2x USB A 3.2
2x USB C 4
1x HDMI
1x jack 3,5 mm
Ranura UFS/MicroSD 3.0
2x USB A 3.2
2x USB C 4
1x HDMI
1x jack 3,5 mm
Ranura UFS/MicroSD 3.0
2x USB A 3.2
2x USB C 4
1x HDMI
1x jack 3,5 mm
Ranura UFS/MicroSD 3.0
2x USB A 3.2
2x USB C 4
1x HDMI
1x jack 3,5 mm
Ranura UFS/MicroSD 3.0
1x USB A 3.2
2x USB C 4
1x jack 3,5 mm
OUTROSWebcam HD con IR
Doble micrófono MEMS
Altavoces estéreo 2×1.5 W
Webcam HD con IR
Doble micrófono MEMS
Altavoces estéreo 2×1.5 W
Webcam HD con IR
Doble micrófono MEMS
Altavoces estéreo 2×1.5 W
Webcam HD con IR
Doble micrófono MEMS
Altavoces estéreo 2×1.5 W
Webcam HD con IR
Doble micrófono MEMS
Altavoces estéreo 2×1.5 W
PREZO1.349 €1.699 €1.899 €2.049 €2.149 €

Sobre o autor

Reply