Xiaomi apóstao todo á fotografía no novo Xiaomi 12S Ultra

Xiaomi anunciou onte dous novos modelos de smartphone destinados – en principio – ao mercado chinés, o Xiaomi 12S e Xiaomi 12S Pro. Xunto a eles, o fabricante deu a coñecer o Xiaomi 12S Ultra, un dispositivo que destaca pola súa aposta fotográfica, ademais de por contar cunha folla de especificacións de alta gama.

Especificacións técnicas

O novo Xiaomi 12S Ultra é un modelo con pantalla de 6,73 polgadas de tipo E5 AMOLED LTPO 2.0, con resolución WQHD+ (3200 x 1400 píxeles) e taxa de refresco de 120 Hz, que ademáis vén protexida por Corning Victus.

No seu interior atopámonos cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Plus Gen 1, xunto cunha RAM de 8 ou 12 GB e unha capacidade de almacenaxe interna de 256 ou 512 GB. A conectividade vén dada por 5G e 4G, xunto con Bluetooth 5.2, WiFi 6 ou NFC, mentres que a súa batería é de 4860 mAh, con carga rápida de 67 W mediante cabo ou de 50 W sen fíos.

No apartado multimedia destaca a aposta polo son, con altofalantes estéreos de Harman Kardon e sistema Dolby Atmos.

Mención á parte merece a súa cámara, onde temos unha traseira está formada por tres sensores:

  • Principal: 50,3 Mpx Sony IMX989 de 1 polgada OIS.
  • Gran Angular: 48 Mpx f/2.2 IMX586.
  • Sensor teleobxetivo: 48 Mpx 5x / 120x IMX586.

Ten un deseño circular de grandes dimensións, que nos lembra claramente a unha cámara, especialmente a algún dos modelos de Leica, o fabricante fotográfico co que Xiaomi colaborou estreitamente neste dispositivo. Pola súa banda, a cámara dianteira ten un sensor de 32 Mpx de resolución OmniVision OV32C.

Dispoñibilidade e prezo

O novo terminal de Xiaomi estará dispoñíbel en negro e verde escuro, cun prezo ao cambio que parte duns 860 € para o modelo máis básico, de 8 + 256 GB. A versión de 12 + 256 GB sube até os 930 €, mentres que a de 12 + 512 GB chega aos 1000 €.

Sobre o autor

Reply