Os auriculares Huawei FreeBuds Pro 2 xa se poden mercar no noso país

Os Huawei FreeBuds Pro 2, a nova xeración de auriculares TWS de Huawei, xa están dispoñíbeis no noso país. Trátase duns accesorios desenrolados en colaboración con Devialet, unha das compañías referenciais en tecnoloxía de audio.

Os novos auriculares incorporan un exclusivo sistema de son “Ultra-hearing True Sound“, que coordina de forma intelixente dous drivers independentes para graves e agudos, para así conseguir un rendemento de audio superior. Grazas ao seu diafragma planar e ao controlador dinámico de catro imáns para as frecuencias medias e baixas, os dispositivos acadan un rango de frecuencia de 12 Hz a 48 kHz, o que posibilita reproducir sons fieis á realidade.

Tamén incorporan a tecnoloxía “Triple ecualizador adaptativo” coa que axustan automaticamente o son e o volume tendo en conta a estrutra da canle auditiva de cada usuaria, ao tempo que utilizan o protocolo de códecs de audio de alta resolución LDAC para mellorar a experiencia el alta defición.

A súa batería ofrece até 4 horas de reprodución, e un total de 18 horas tendo en conta a carga do estoxo no que se gardan. Co sistema de cancelación de ruído desactivado, pódense desfrutar até 6,5 horas e un total de 30 horas, respectivamente.

Son resistentes a salpicaduras de auga e sudoración, segundo o estándar IP54, e o centro de conexión de audio (Audio Connection Centre) fai posíbel que as usuarias poidan identificar os últimos 10 dispositivos conectados aos auriculares para que o cambio entre eles sexa máis sinxelo e moito máis cómodo. Tamén poden detectarse automaticamente na pantalla “Súper Dispositivo dos PCs, tablets ou smartphones e conectarse facilmente arrastrando e soltando.

O sistema de cancelación activade ruído inclúe o sistema Triple Mic ANC, que aumenta a profundidade media do ANC nun 15% en comparación coa xeración anterior, mentres que o ANC 2.0 dinámico e intelixente identifica con precisión o entorno e selecciona o modo de cancelación de ruído máis axeitado para eliminar o ruído externo. Consegue eliminar o ruído dos motores mesmo en voos, grazas a unha exclusiva cancelación curva de ruído para avións, e tamén inclúen algoritmos intelixentes de cancelación do ruído do vento.

Dispoñibilidade e prezo

Os novos Huawei FreeBuds Pro 2 están dispoñíbeis por 199 € en tres cores (prata, branco e azul). Ademais, as usuarias poderán desfrutar dunha oferta especial cunha proba gratuíta de 3 meses da suscrición premium de Huawei Music, dispoñíbel até o 31 de decembro de 2022.

Sobre o autor

Reply