A operadora Digi, unha das que máis está a medrar no conxunto do Estado pola súa agresiva oferta comercial, segue os pasos de Telefónica ao incluír entre a súa clientela de fibra un servizo gratuíto de almacenaxe na nube co que poder gardar e compartir arquivos na rede.
Con Digi Storage, as usuarias desta compañía – tanto actuais coma novas clientas – poden disfrutar de 50 GB de almacenaxe gratuíta na que poder gardar vídeos, fotografías, documentos ou música de forma segura e desde calquera dispositivo. Como é habitual neste tipo de servizos, Digi Storage dispón de sincronización automática entre dispositivos (computador, móbil tablet…), coa posibilidade de crear copias de seguridade automáticas para ter sempre a información actualizada e protexida.
Así mesmo, o novo servizo de Digi ofrece a posibilidade de compartir os documentos ou cartafoles, aínda que as persoas coas que se compartan non teñan Digi Storage. Ademais, estas persoas poderán ver, editar e mesmo subir información á mesma nube. Por outra banda, tamén se integra con outras plataformas como Dropbox, Google Drive ou One Drive para acceder directamente a toda a súa información.
As usuarias actuais de fibra Digi irán recibindo nestes días unha comunicación para poder activar a súa conta, ao igual que as novas clientas, aínda que estas deberán agardar a ter activiado o servizo de fibra para poder usalo.
para activala.
Digi ofrece tarifas de fibra moi competitivas, xa que permite contratar fibra simétrica de 1 Gbps por 20 €/mes baixo a súa propia cobertura (30 €/mes para accesos indirectos a través de outras redes). Ademais, tamén ofrece fibra de 300 Mbps por 25 €/mes (baixo cobertura Movistar) e a chamada Fibra PRO-DIGI, con 10 Gbps por 30 €/mes, aínda que este servizo só está dispoñíbel de momento en Barcelona, Zaragoza, Bizkaia, Asturias e La Rioja.